miércoles, 8 de mayo de 2024

Terceiro día de mobilidade de alumnado en 🇵🇹 O Porto

Hoxe recibiunos na escola Monica. Participamos na súa clase cos 👩‍💻👨‍💻 alumnos de segundo ano de turismo. Fixemos unha actividade conxunta de investigación 🔎 de lugares turísticos relixiosos, culturais, mar e praia e turismo urbano, con destino en 🇪🇦 España e 🇵🇹 Portugal e rematamos a clase facendo unha 🗣️ exposición para todos.

Ás 11:00 tivemos a oportunidade de compartir unha grata experiencia: alumnos do primeiro ano de 💻 informática ensinaron a 👵👴 persoas maiores dun centro de día a tomar contacto co 🖥️ ordenador (acender e apagar, escribir ⌨️ unhas liñas nun editor de texto, procurar 🔎 información nun buscador e crear unha conta de correo 📧 electrónico). Foi unha actividade moi gratificante 🥰 dirixida polo profesor de educación física, Rafael. As 12:00 acudimos a unha clase de economía coa profesora 👩‍🏫 Judith, e resolveron un exercicio ✍️ de clasificación de partidas por 👥 grupos. Xa rematada a xornada lectiva, iniciamos ruta cara “A Baixa” de Porto para despois de 🌮 comer, continuar coa nosa ruta 🚶‍♀️🚶 cultural: paseo pola Rúa das Flores, Palacio da Bolsa, Sé do Porto, Ribeira…









0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.