miércoles, 30 de marzo de 2022

Actividade de formación do profesorado

Dende o próximo sábado, día 2 de abril e ata o próximo 9, dúas docentes do noso centro, Luisa Otero e María Torres, que imparten docencia nos Ciclos Medio e Superior de Xestión administrativa e Administración e finanzas, realizarán unha estancia formativa no IIS Stendhal de Civitavecchia, Italia. Este centro, coñecido instituto cercano a Roma, ten un programa educativo semellante ao que ofrece o noso IES e as profesoras poderán observar prácticas diferenciadas, estudar o sistema educativo e a FP italiana.

Esta actividade está dentro do proxecto Erasmus KA1 orientado á formación profesional que actualmente desenvolve o centro, co cal nos próximos días tamén realizarán as prácticas catro alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa en Turín (Italia).

Esta actividade enmarcase dentro dos numerosos proxectos europeos que leva desenvolvendo o noso IES nos últimos anos, sendo centro de referencia ao respecto en Galicia, recibindo tamén a profesores estranxeiros en distintas actividades formativas. Estas actividades buscan o intercambio de experiencias didácticas e profesionais que permitan unha mellora da formación do profesorado o que redundará nun aumento da calidade do ensino do noso IES.

María Torres e Luísa Otero