jueves, 1 de junio de 2023

Nova actividade de formación do alumnado

Fai uns días, Silver, alumno do ciclo medio de Xestión Administrativa do #iesafonsoxcambre que está realizando a FCT na empresa MACOS en 🇵🇹 O Porto, recibiu a visita do seu titor 👨‍🏫 que, viaxou ata Portugal para coñecer de primeira man como vai a súa formación práctica.
Esta estancia formativa, que comezou o pasado mes 🗓️ de abril e remata o 19 de xuño, enmárcase dentro do proxecto 🇪🇺 #erasmusplus para ciclos que está a levar a cabo o #iesafonsoxosabio

lunes, 6 de febrero de 2023

Nova actividade de formación do profesorado

Dende hoxe, día 6 de febreiro e ata o próximo venres día 10, dúas docentes do noso centro, Luisa Otero e María Jesús Vázquez, que imparten docencia nos Ciclos Medio e Superior de Xestión administrativa e Administración e finanzas, realizarán unha estancia formativa na Escola Europeia de Ensino Profissional de Braga, Portugal. Este centro, ten un programa educativo semellante ao que ofrece o noso IES e as profesoras poderán observar prácticas diferenciadas, estudar o sistema educativo e a FP portuguesa.

Esta actividade está dentro do proxecto Erasmus orientado á formación profesional que actualmente desenvolve o centro, co cal, no mes de marzo, tamén realizará as prácticas un alumno do Ciclo Medio de Xestión Administrativa en Portugal.

María Jesús Vázquez e Luísa Otero

María Jesús Vázquez e Luísa Otero

sábado, 2 de julio de 2022

Vídeo da terceira estancia de prácticas

Fai uns días volveron de Italia os catro alumnos do IES Afonso X O Sabio, Mohamed Sene Diouf, Alejandro Eduardo Vázquez Novo,Xoel Amil Chenlo e Alejandro Veiga Anido, que foron a realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) do Ciclo Medio de Xestión Administrativa.




Realizaron as prácticas en Turín nas empresas:
  • LGC Studio Ingegneria e Architettura
  • EDUCAMONDO Societa'Cooperativa Sociale
A continuación mostramos un pequeno vídeo que resume a súa estancia:



lunes, 18 de abril de 2022

Vídeo da última estancia de job shadowing

 A continuación mostramos un vídeo resumo da estancia de job shadowing das profesoras Luisa Otero e María Torres no IIS Stendhal de Civitavecchia (Italia) 



martes, 12 de abril de 2022

Nova estancia de prácticas para o alumnado do Ciclo Medio

Onte, Mohamed Sene, Alejandro E. Vázquez, Xoel Amil e Alejandro Veiga, alumnos do Ciclo Medio de Administración e Xestión do noso instituto partiron cara Italia para realizar durante tres meses a Formación en Centros de Traballo en Turín.


Esta formación enmarcase dentro do proxecto Erasmus+ KA1 que desenvolve o centro no que, este curso, tamen asistiron dúas profesoras a estancias de formación (jobshadowing) no IIS Stendhal de Civitavecchia (Italia).

jueves, 7 de abril de 2022

Resumo da experiencia de Jobshadowing do profesorado

As nosas compañeiras do proxecto erasmus KA1 para ciclos, Luisa Otero e María Torres, están recibindo en Civitavecchia (Italia) unha formación moi enriquecedora sobre o sistema educativo e as prácticas docentes italianas.

O pasados luns e martes coñeceron a sede Guido Baccelli do Istituto di Istruzione Superiore Stendhal onde asistiron a catro sesións diarias de diversos grupos e materias. Onte e hoxe coñeceron a outra localización do IIS Stendhal, a sede Lucio Cappannari e Benedetto Croce, onde tres estudantes da FP italiana de turismo as recibiron e lles mostraron as instalacións. A continuación, acudiron a clases de economía, contabilidade, matemáticas, dereito e español.




miércoles, 30 de marzo de 2022

Actividade de formación do profesorado

Dende o próximo sábado, día 2 de abril e ata o próximo 9, dúas docentes do noso centro, Luisa Otero e María Torres, que imparten docencia nos Ciclos Medio e Superior de Xestión administrativa e Administración e finanzas, realizarán unha estancia formativa no IIS Stendhal de Civitavecchia, Italia. Este centro, coñecido instituto cercano a Roma, ten un programa educativo semellante ao que ofrece o noso IES e as profesoras poderán observar prácticas diferenciadas, estudar o sistema educativo e a FP italiana.

Esta actividade está dentro do proxecto Erasmus KA1 orientado á formación profesional que actualmente desenvolve o centro, co cal nos próximos días tamén realizarán as prácticas catro alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa en Turín (Italia).

Esta actividade enmarcase dentro dos numerosos proxectos europeos que leva desenvolvendo o noso IES nos últimos anos, sendo centro de referencia ao respecto en Galicia, recibindo tamén a profesores estranxeiros en distintas actividades formativas. Estas actividades buscan o intercambio de experiencias didácticas e profesionais que permitan unha mellora da formación do profesorado o que redundará nun aumento da calidade do ensino do noso IES.

María Torres e Luísa Otero