lunes, 18 de abril de 2022

Vídeo da última estancia de job shadowing

 A continuación mostramos un vídeo resumo da estancia de job shadowing das profesoras Luisa Otero e María Torres no IIS Stendhal de Civitavecchia (Italia) 



martes, 12 de abril de 2022

Nova estancia de prácticas para o alumnado do Ciclo Medio

Onte, Mohamed Sene, Alejandro E. Vázquez, Xoel Amil e Alejandro Veiga, alumnos do Ciclo Medio de Administración e Xestión do noso instituto partiron cara Italia para realizar durante tres meses a Formación en Centros de Traballo en Turín.


Esta formación enmarcase dentro do proxecto Erasmus+ KA1 que desenvolve o centro no que, este curso, tamen asistiron dúas profesoras a estancias de formación (jobshadowing) no IIS Stendhal de Civitavecchia (Italia).

jueves, 7 de abril de 2022

Resumo da experiencia de Jobshadowing do profesorado

As nosas compañeiras do proxecto erasmus KA1 para ciclos, Luisa Otero e María Torres, están recibindo en Civitavecchia (Italia) unha formación moi enriquecedora sobre o sistema educativo e as prácticas docentes italianas.

O pasados luns e martes coñeceron a sede Guido Baccelli do Istituto di Istruzione Superiore Stendhal onde asistiron a catro sesións diarias de diversos grupos e materias. Onte e hoxe coñeceron a outra localización do IIS Stendhal, a sede Lucio Cappannari e Benedetto Croce, onde tres estudantes da FP italiana de turismo as recibiron e lles mostraron as instalacións. A continuación, acudiron a clases de economía, contabilidade, matemáticas, dereito e español.