lunes, 22 de noviembre de 2021

Actividade de difusión dos proxectos europeos para ciclos

O pasado 11 de novembro levamos a cabo unha actividade de difusión dos proxectos europeos para os ciclos formativos do IES Afonso X O Sabio.

Recibimos a visita de Anna Carolina Pereira Da Cunha, exalumna do centro que no curso 19/20 realizou a FCT en Italia.






Anna Carolina compartiu a experiencia co alumnado de segundo do ciclo medio de Xestión Administrativa e animounos a participar nos proxectos europeos para ciclos do centro.

Este ano, se a situación epidemiolóxica o permite, dous alumnos de ciclo medio poderán realizar a FCT en Italia. 

Enlace á presentación