lunes, 23 de abril de 2018

Actividade de job shadowing dentro do novo proxecto Erasmus+ KA1


O pasado mes de marzo, do 4 ao 17, tivo lugar a primeira actividade de job shadowing dentro do novo proxecto Erasmus+ KA1.
Dúas profesoras viaxaron a Civitavecchia coa finalidade de observar como se traballa nos institutos italianos e asi poder aprender da súa experiencia e dos proxectos que alí se desenvolven. O destino foi o IIS Stendhal, unha escola de secundaria onde se imparte formación profesional. Este centro está formado por dúas sedes ou edificios. Na sede principal atópase o IIS Benedetto Croce, instituto técnico de turismo e o IIS Lucio Cappannari, instituto profesional de hostaleria.



No outro edificio está o IIS Guido Bacelli, instituto técnico de economía.



Durante dúas semanas participaron activamente en clases de diversas materias, aprendendo e compartindo novas experiencias tanto con profesores como alumnos italianos.




 Asistiron a diversas reunións de caracter organizativo nas que se trataron proxectos que se levan a cabo neste centro de Civitavecchia.






Tamén houbo oportunidade de visitar o instituto de ensino secundario onde traballan as profesoras que nos visitaron o pasado outubro. O seu centro é o IIS Leonardo da Vinci de Macaresse (Fiumicino).



Foi unha experiencia enriquecedora que contribuiu a mellorar a formación das profesoras, a que poderán compartir con compañeiros e alumnos.

miércoles, 4 de abril de 2018

Inicio das prácticas das nosas alumnas

O pasado domingo as nosas alumnas de FP de Grao Medio marcharon a Civitavecchia para realizar as prácticas do ciclo de Xestión Administrativa. Realizarán as prácticas na Associazione Garcon il Salvagente oficina que é, ademais, o punto de encontro da xuventude de Civitavecchia con Europa. Estamos seguras de que vai ser moi proveitosa a estancia, dirixidas por Luca Bonifazi, quen tamén é docente no IIS Stendhal e, ademais, vello colaborador de diversos proxectos europeos co IES Afonso X O Sabio... así pois, non poderían estar en mellores mans! Unha forte aperta desde Galicia ás dúas, estamos seguras que van a estar moi ben.