jueves, 9 de mayo de 2024

Cuarto día da mobilidade de alumnado en O Porto

No penúltimo día de estancia na escola 🇵🇹, recibiunos de novo 👩‍🏫 Monica. Con ela e os seus 👩‍💻👨‍💻 alumnos de segundo ano de Comunicación e Marketing, participamos nunha clase práctica. Divididos en grupos 🔎 buscaron información sobre un 🏨 hotel de 5⭐ estrelas de 🇵🇹 Porto que trasladaron a un editor de presentacións, para expor 🗣️ a continuación a toda a clase. A finalidade principal da actividade consistiu en diferenciar o público obxectivo, e a importancia de crear un produto turístico á medida para cada segmento do mercado.

Despois da pausa para tomar un 🫒 aperitivo, continuamos uns na clase de ➕➖➗ matemáticas, con André, que estaba a explicar funcións e outros con Miguel, participando nunha clase de elaboración dun logotipo 🎨 monocromático.

Na última sesión asistimos a unha clase de inglés con Lucía e os alumnos de Multimedia de segundo ano.













0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.