lunes, 27 de mayo de 2019

Vídeos das estancias de job shadowing

A continuación mostramos dous vídeos resumo das estancias de job shadowing levadas a cabo no IIS Stendhal de Civitavecchia (Italia) nos cursos 2017-2018 e 2018-2019:

Jobshadowing curso 2017-2018

Jobshadowing curso 2018-2019

jueves, 23 de mayo de 2019

Actividade de formación para o alumnado

O pasado mes de abril, Alicia Vázquez e Anna Carollina Pereira, alumnas do ciclo medio de Administración e Xestión do noso instituto partiron cara Italia para realizar a FCT no instituto IIS R. Piria en Rosarno (Calabria, Italia).

Alicia e Anna Carollina no IIS R. Piria

Alumnado do IIS R. Piria

Porta principal do IIS R. Piria
Esta formación enmarcase dentro do proxecto Erasmus+ KA1 que desenvolve o centro no que, este curso, tamen asistiron seis profesores a estancias de formación (jobshadowing) no IIS Stendhal de Civitavecchia (Italia).

jueves, 16 de mayo de 2019

Vídeo da primeira entancia de prácticas

No curso 2017-2018 dúas alumnas do IES Afonso X O Sabio foron a Civitavecchia (Italia) para realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) do Ciclo Medio de Xestión administrativa. Realizaron as prácticas na  Associazione Garcon il Salvagente oficina que é, ademais, o punto de encontro da xuventude de Civitavecchia con Europa. 
A continuación mostramos un pequeno vídeo que resume a súa estancia.


martes, 26 de marzo de 2019

Última actividade de job shadowing do proxecto


Dende o sábado, día 23 de marzo e ata o próximo 6 de abril, catro docentes do noso centro, Esther Gallego, Manuel Sánchez, María Jesús Vázquez e Cristina Fernández, que imparten docencia no Ciclo Básico de Informática de Oficina e nos Ciclos Medio e Superior de Xestión administrativa e Administración e finanzas, realizarán unha estancia formativa (job shadowing) no IIS Stendhal de Civitavecchia, Italia. Este centro, coñecido instituto cercano a Roma, ten un programa educativo semellante ao que ofrece o noso IES no que os profesores poderán observar prácticas diferenciadas, estudar o sistema educativo e a FP italiana.

Esta actividade enmarcase dentro do proxecto KA1 orientado á formación profesional que desenvolve o centro, no que tamén dúas alumnas do ciclo medio comenzarán dentro duns días as prácticas en Calabria.






lunes, 25 de febrero de 2019

O IES Afonso X O Sabio na exporienta do IES Miraflores


O Departamento de Ciclos de Administración do IES Afonso X O Sabio participou por primeira vez na Exporienta Miraflores que tivo lugar o pasado 24 de xaneiro o longo de toda a mañá.

Aproveitouse o evento para divulgar os ciclos do IES, xunto cas actividades relacionadas cos mesmos. Entre elas destacan os Programas Erasmus+ (KA1).

No curso 2017-18, amparados por esta iniciativa, dúas alumnas fixeron as prácticas en empresas correspondentes o ciclo Medio de Xestión Administrativa. Neste curso 2018-19 volverase a repetir a experiencia das Prácticas en empresas para outros dous alumnos. Ademáis, seis  membros do Claustro farán estancias en Institutos de Cicitavechia co fin de coñecer o sistema de Formación Profesional italiano e  cotexalo co galego ( 5 profesores do Departamento de Administración e 1 do Departamento de Sistemas Informáticos).

jueves, 14 de febrero de 2019

Nova actividade de formación do profesorado

Desde o próximo venres, día 16 de febreiro e ata o próximo 24, dúas docentes do noso centro, Sonsoles García e Fernanda Rojo,  que imparten docencia nos Ciclos Medio e Superior  de Xestión administrativa e Administración e finanzas, realizarán unha estancia formativa no IIS Stendhal de Civitavecchia, Italia. Este centro, coñecido instituto cercano a Roma, ten un programa educativo semellante ao que ofrece o noso IES e as profesoras poderán observar prácticas diferenciadas, estudar o sistema educativo e a FP italiana.

Esta actividade está dentro do proxecto KA1 orientado á formación profesional que desenvolve o centro, co cal durante o pasado curso escolar dúas estudantes realizaron as prácticas do Ciclo Medio na localidade do Lazio e neste curso escolar volveremos a enviar a outros dous estudantes, ademais de que outros docentes repetirán a formación ao longo do terceiro trimestre.

Esta actividade enmarcase dentro dos numerosos proxectos europeos que leva desenvolvendo o noso IES nos últimos anos, sendo centro de referencia ao respecto en Galicia, recibindo tamén a profesores estranxeiros en distintas actividades formativas. Estas actividades buscan o intercambio de experiencias didácticas e profesionais que permitan unha mellora da formación do profesorado o que redundará nun aumento da calidade do ensino do noso IES. 

Fernanda Rojo e Sonsoles García
Fernanda Rojo e Sonsoles García

lunes, 23 de abril de 2018

Actividade de job shadowing dentro do novo proxecto Erasmus+ KA1


O pasado mes de marzo, do 4 ao 17, tivo lugar a primeira actividade de job shadowing dentro do novo proxecto Erasmus+ KA1.
Dúas profesoras viaxaron a Civitavecchia coa finalidade de observar como se traballa nos institutos italianos e asi poder aprender da súa experiencia e dos proxectos que alí se desenvolven. O destino foi o IIS Stendhal, unha escola de secundaria onde se imparte formación profesional. Este centro está formado por dúas sedes ou edificios. Na sede principal atópase o IIS Benedetto Croce, instituto técnico de turismo e o IIS Lucio Cappannari, instituto profesional de hostaleria.



No outro edificio está o IIS Guido Bacelli, instituto técnico de economía.



Durante dúas semanas participaron activamente en clases de diversas materias, aprendendo e compartindo novas experiencias tanto con profesores como alumnos italianos.




 Asistiron a diversas reunións de caracter organizativo nas que se trataron proxectos que se levan a cabo neste centro de Civitavecchia.






Tamén houbo oportunidade de visitar o instituto de ensino secundario onde traballan as profesoras que nos visitaron o pasado outubro. O seu centro é o IIS Leonardo da Vinci de Macaresse (Fiumicino).



Foi unha experiencia enriquecedora que contribuiu a mellorar a formación das profesoras, a que poderán compartir con compañeiros e alumnos.