lunes, 23 de abril de 2018

Actividade de job shadowing dentro do novo proxecto Erasmus+ KA1


O pasado mes de marzo, do 4 ao 17, tivo lugar a primeira actividade de job shadowing dentro do novo proxecto Erasmus+ KA1.
Dúas profesoras viaxaron a Civitavecchia coa finalidade de observar como se traballa nos institutos italianos e asi poder aprender da súa experiencia e dos proxectos que alí se desenvolven. O destino foi o IIS Stendhal, unha escola de secundaria onde se imparte formación profesional. Este centro está formado por dúas sedes ou edificios. Na sede principal atópase o IIS Benedetto Croce, instituto técnico de turismo e o IIS Lucio Cappannari, instituto profesional de hostaleria.



No outro edificio está o IIS Guido Bacelli, instituto técnico de economía.



Durante dúas semanas participaron activamente en clases de diversas materias, aprendendo e compartindo novas experiencias tanto con profesores como alumnos italianos.




 Asistiron a diversas reunións de caracter organizativo nas que se trataron proxectos que se levan a cabo neste centro de Civitavecchia.






Tamén houbo oportunidade de visitar o instituto de ensino secundario onde traballan as profesoras que nos visitaron o pasado outubro. O seu centro é o IIS Leonardo da Vinci de Macaresse (Fiumicino).



Foi unha experiencia enriquecedora que contribuiu a mellorar a formación das profesoras, a que poderán compartir con compañeiros e alumnos.

miércoles, 4 de abril de 2018

Inicio das prácticas das nosas alumnas

O pasado domingo as nosas alumnas de FP de Grao Medio marcharon a Civitavecchia para realizar as prácticas do ciclo de Xestión Administrativa. Realizarán as prácticas na Associazione Garcon il Salvagente oficina que é, ademais, o punto de encontro da xuventude de Civitavecchia con Europa. Estamos seguras de que vai ser moi proveitosa a estancia, dirixidas por Luca Bonifazi, quen tamén é docente no IIS Stendhal e, ademais, vello colaborador de diversos proxectos europeos co IES Afonso X O Sabio... así pois, non poderían estar en mellores mans! Unha forte aperta desde Galicia ás dúas, estamos seguras que van a estar moi ben.

domingo, 25 de febrero de 2018

Logo do proxecto

Xa temos logo para os proxectos Erasmus de FP no noso centro. O logo está feito pola diseñadora e ilustradora Yupiyeyo

lunes, 22 de enero de 2018

Comezamos novo proxecto: os proxectos europeos para a FP

Hoxe queremos estrenar este BLOG, fillo do blog de programas europeos no IES Afonso X O Sabio presentando o proxecto que comezamos a desenvolver durante este curso 2017-2018.
Despois de máis de 15 anos desenvolvendo proxectos europeos (primeiro Comenius Multilateral e despois Erasmus+, cos recentes Crush (2015-17) e Horizon to the future (2015-18)) para educación escolar (concretamente para desenvolver proxectos que permitisen a alumnado do noso centro viaxar e ter experiencias formativas en países estranxeiros. Só dicir que nos últimos tres cursos escolares viaxaron case un centenar de rapaces e rapazas de Cambre viaxaron subvencionados polos programas europeos) decidimos dar o salto e solicitar tamén proxectos para o noso alumnado e profesorado de FP.
Así pois, o febreiro do ano pasado, o grupo de traballo de docentes que conformamos o grupo Erasmus+, presentamos o proxecto denominado Metodología IFS. Cómo resolver conflictos laborales. Por medio deste proxecto, queremos conseguir os seguintes obxectivos:


1. Mellorar a empregabilidade do noso alumnado, reforzando a súa iniciativa empresarial e as súas competencias plurilingües.
2. Reforzar a calidad dos docentes dos sectores implicados, favorecendo a súa motivación e aprendizaxe continuo.
3. Realizar formación altamente especializada totalmente cercana á realidade do mercado laboral, nun consorcio de centros de FP que traballan directamente co mercado laboral e utilizan unha metodoloxía de simulacro laboral.
4. Mellorar a formación inicial do noso alumnado.
5. Achegar sistemas educativos de formación profesional moi diferentes e relacionalos coas prácticas laborais en distintas situacións culturais e socioeconómicas.
6. Transferir a experiencia laboral ao noso entorno inmediato, xa sexa difundendo a experiencia recibida como favoreciendo a creación de novas empresas por parte do noso alumnado.
7. Desenvolver unha FP máis próxima ao Pasaporte Europeo de Competencias, reforzando habilidades concretas e achegándoa á realidade laboral.
8. Favorecer a relación entre os centros educativos e o entorno empresarial, xa sexa na nosa comunidade educativa como na comunidade educativa do IIS Stendhal.
9. Mellorar a competencia en lingua estranxeira do noso alumnado e profesorado, especialmente nas linguas inglesa e italiana.

Para conseguir isto dispoñemos de dúas becas para realizar a FCT (o período de prácticas) do noso alumnado de Grao Medio, que se desenvolverán na cidade de Civitavecchia, Italia, no centro IIS Stendhal. Este alumnado terá que facer un curso de italiano online, que permitirá achegarse con máis seguridade ás prácticas que vai realizar na cidade do Lazio.

Para o profesorado contémplanse catro becas para realizar actividades de Job Shadowing (observación da práctica docente nos centros que conforman o IIS Stendhal) de 15 días de duración cada unha.

A actividade está subvencionada polo SEPIE, Axencia Nacional en España dos programas Erasmus+. Para poder levala a cabo, constituímos unha comisión de docentes que se distribúen as distintas respnsabilidades e estamos elaborando unha serie de documentos que facilitarán o desenvolvemento e a difusión do mesmo, así como o control orzamentario e da calidade do proxecto.

Desde aquí moitas grazas a todas as persoas que participan no proxecto, estamos moi orgullosos de ser o único centro de FP de Cambre.. e o único na contorna que ofrece este tipo de oportunidades!!