domingo, 22 de septiembre de 2019

Comezamos o curso asistindo ás Xornadas de Coordinadores KA229

A nosa coordinadora de proxectos Internacionais, María Olga Varela Vázquez, asistiu a semana pasada ás Xornadas de Formación Inicial de Proxectos de Asociacións de Intercambio Escolar Erasmus+ 2019. 


En ditas xornadas, que se celebraron en Madrid os días 19 e 20 de Setembro, tratáronse temas moi importantes como a xestión dos proxectos Erasmus+, o uso de plataformas dixitais (como eTwinning) para a comunicación, difusión e visibilidade dos proxectos Erasmus+, etc.





 



jueves, 27 de junio de 2019

Vídeo da segunda estancia de prácticas

Fai uns días volveron de Italia as dúas alumnas do IES Afonso X O Sabio, Alicia Vázquez e Anna Carollina Pereira, que foron a realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) do Ciclo Medio de Xestión administrativa.

Realizaron as prácticas no instituto IIS R. Piria en Rosarno (Calabria, Italia).


A continuación mostramos un pequeno vídeo que resume a súa estancia:







domingo, 2 de junio de 2019

I Xornadas de Difusión de Proxectos Europeos

O pasado martes, 28 de maio de 2019, tivo lugar no IES Afonso X O Sabio as I Xornadas de Difusión de Proxectos Europeos, cuxo obxectivo era dar a coñecer á comunidade educativa todos os proxectos nos que o centro participa ou participou ao longo da súa historia.

Entre as actividades houbo unha charla que contou coa colaboración da asesora de Programas Europeos da Dirección Xeral de Educacion, Formación Profesional e Innovacion Educativa, María Luz Ares; a coordinadora de proxectos europeos do instituto, Olga Varela; e alumnos e alumnas que participaron nas viaxes.




Ao mesmo tempo houbo unha exposición con paneis informativos sobre os distintos proxectos pasados e futuros do centro e informacións sobre os ERASMUS+. 



Tamén se proxectaron na pantalla do hall vídeos sobre as movilidades levadas a cabo en ditos proxectos. A continuación mostramos algúns deles:









Tendes máis vídeos na nosa canle de Youtube.


lunes, 27 de mayo de 2019

Vídeos das estancias de job shadowing

A continuación mostramos dous vídeos resumo das estancias de job shadowing levadas a cabo no IIS Stendhal de Civitavecchia (Italia) nos cursos 2017-2018 e 2018-2019:

Jobshadowing curso 2017-2018

Jobshadowing curso 2018-2019

jueves, 23 de mayo de 2019

Actividade de formación para o alumnado

O pasado mes de abril, Alicia Vázquez e Anna Carollina Pereira, alumnas do ciclo medio de Administración e Xestión do noso instituto partiron cara Italia para realizar a FCT no instituto IIS R. Piria en Rosarno (Calabria, Italia).

Alicia e Anna Carollina no IIS R. Piria

Alumnado do IIS R. Piria

Porta principal do IIS R. Piria
Esta formación enmarcase dentro do proxecto Erasmus+ KA1 que desenvolve o centro no que, este curso, tamen asistiron seis profesores a estancias de formación (jobshadowing) no IIS Stendhal de Civitavecchia (Italia).

jueves, 16 de mayo de 2019

Vídeo da primeira entancia de prácticas

No curso 2017-2018 dúas alumnas do IES Afonso X O Sabio foron a Civitavecchia (Italia) para realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) do Ciclo Medio de Xestión administrativa. Realizaron as prácticas na  Associazione Garcon il Salvagente oficina que é, ademais, o punto de encontro da xuventude de Civitavecchia con Europa. 
A continuación mostramos un pequeno vídeo que resume a súa estancia.


martes, 26 de marzo de 2019

Última actividade de job shadowing do proxecto


Dende o sábado, día 23 de marzo e ata o próximo 6 de abril, catro docentes do noso centro, Esther Gallego, Manuel Sánchez, María Jesús Vázquez e Cristina Fernández, que imparten docencia no Ciclo Básico de Informática de Oficina e nos Ciclos Medio e Superior de Xestión administrativa e Administración e finanzas, realizarán unha estancia formativa (job shadowing) no IIS Stendhal de Civitavecchia, Italia. Este centro, coñecido instituto cercano a Roma, ten un programa educativo semellante ao que ofrece o noso IES no que os profesores poderán observar prácticas diferenciadas, estudar o sistema educativo e a FP italiana.

Esta actividade enmarcase dentro do proxecto KA1 orientado á formación profesional que desenvolve o centro, no que tamén dúas alumnas do ciclo medio comenzarán dentro duns días as prácticas en Calabria.