jueves, 7 de abril de 2022

Resumo da experiencia de Jobshadowing do profesorado

As nosas compañeiras do proxecto erasmus KA1 para ciclos, Luisa Otero e María Torres, están recibindo en Civitavecchia (Italia) unha formación moi enriquecedora sobre o sistema educativo e as prácticas docentes italianas.

O pasados luns e martes coñeceron a sede Guido Baccelli do Istituto di Istruzione Superiore Stendhal onde asistiron a catro sesións diarias de diversos grupos e materias. Onte e hoxe coñeceron a outra localización do IIS Stendhal, a sede Lucio Cappannari e Benedetto Croce, onde tres estudantes da FP italiana de turismo as recibiron e lles mostraron as instalacións. A continuación, acudiron a clases de economía, contabilidade, matemáticas, dereito e español.




0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.